21.11.10

Música popular de Suíza




Cando visitamos Suíza é moi agradable poder escoitar algo da súa música máis tradicional, xa que é realmente bela e pode chegar a ser moi romántica. Se che gusta poder desfrutar da música tradicional dun país como Suíza é moi interesante, porque en concreto esta música ten un carácter moi clásico e un toque realmente bonito.

Os compoñentes esenciais da música folclórica Suíza , son o iodel e a trompa alpina. Pero sospéitase que as orixes do canto tirolés (ou iodel) estarían en Polonia. Segundo as lendas suízas, o iodel xurdiu como medio de comunicación a larga distancia, para que os pastores suizos puidieran comunicarse cos seus semellantes.
A trompa alpina tampouco é orixinaria de Suíza, senón que provén de Asia, e foi introducida en Europa polas tribus nómades. Nun principio, era un instrumento empregado, como o canto tirolés, para a comunicación a larga distancia, e a partir do século XIX comenzou a usarse como instrumento de vento.