21.12.10

Francisco Llorens Díaz

Francisco Llorens Díaz foi un pintor español que se centraba na pintura de paisaxe e retrato.
Naceu na Coruña en 1874. Iniciou os seus estudos de comercio e logo, en 1892, abandonou a súa carreira e trasladouse a Madrid para seguir os seus estudos de arte na Escola de Belas Artes de San Fernando.
Concluída a súa carreira, en 1895 comezou a acudir ás Exposicíóns Nacionales de Belas Artes.
Cando regresou a súa cidade natal, dedicouse ao retrato e, ese mesmo ano conseguiu unha pensión para proseguir os seus estudos en Roma.
Despois de facer varias obras foi becado pola Academia Española de Roma e viaxou por Bélxica e Holanda en compañía de varios artistas. Despois de varios anos pintando gañou varias medallas polas súas obras. Algúns dos seus cadros encóntranse no Museo do Prado.