Luís Seoane López, naceu en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e morreu na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego. De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista. O 18 de Xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires vía Lisboa. A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor. A súa obra, de tendencia expresionista e cercana á abstración, foi exposta en lugares como Bos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas, Hamburgo....Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas, etc.