Eu moi ben o pasaba
cando cos meus amigos xogaba.
Grazas a todos, grazas,
sen vos non faría nada.
Aló nas tardes caladas
con eles non estaba.
Grazas a todos, grazas,
sen vos non faría nada.
Estudaba, cantaba, soñaba;
alegre eu con eles charlaba.
Grazas a todos, grazas,
sen vos non faría nada.
Na rúa, na escola e na casa,
con eles o tempo voaba.
Grazas a todos, grazas,
sen vos non faría nada.