24.11.11

A banda sen futuro


Esta novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emociónsó longo de dous meses. Coñecemos o seu malestar ó se ter que afacer a unha cidade nova, á que vén de mudarse coa súa familia polo traballo de seu pai, e ó comezo do curso escolar nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Arias La
banda sin futuro, ó que Carlota admiraba. A rapaza relaciona esta noticia coas demais cousas que lle pasan últimamente: sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan, son máis ben negros. Recorta afoto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento ocantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupaciónse tamén no seu interlocutor. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seuaspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfrontarós seus novos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais porobrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas indiscretas. Nestes rimeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con ninguén.
Sente un furado na súa alma polo que entran desacougo, soidade, medo ós demais e terror ós espellos. Ata que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón fíxase nel e comeza a sentir algo especial aínda que non queira recoñecelo, xa que considera que ningún rapaz se vai fixar nela mentres estea pelada. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo por
mor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua española na que Carlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulle n si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel que lle regala unha cinta de U2, lle dá un bico na meixela. Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccións e que poden falar de temas como o do futuro, que tanto obsesiona a Carlota. Axiña descobre que a súa única amiga,
Paulina, está a saír con Miguel e daquela séntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, decatándose de que o do seu cabelo é das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo traballa en contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Moncho declárase e todo muda de súpeto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos e por fin acabou o seu pesadelo, as análises están ben e xa pode deixar medrar o cabelo.

________________Iván Calvete Rumbo 3ºB_______________