15.3.12

Xente coma min

É un libro baseado en feitos reais que me sensibilizou moito. Xoán é un neno de quince anos que vive nunha vila cerca de Santiago. Repetiu dous cursos e non se interesa moito polos seus estudos, pasa todo o día na rúa e chega á casa cerca das catro da mañá. EL cóntanos como é o seu día a día e nos problemas nos que está metido. Explícanos as circunstancias que viviu de pequeno e a súa adolestencia, as noites que chega borracho á casa, os seus grupos de música favoritos, os seus trapicheos coas drogas... Fálanos da vida que ten, e de como afronta unha época bañada pola crise eonómica e o presente atroz que ten a xuventude de hoxe en día. Paréceme que é un libro que debe ler todo o mundo teña a idade que teña porque segue sendo moi actual, segue a reflectir a complexidade de hoxe en día.

Ana Vázquez Ucha, 3B