6.6.12

Sés


Quería dar unha pequena opinión sobre a actuacion sobre Sés.
A actuación musical de Sés foi moi divertida, entretida e aínda que pouco formal, informativa. Aparte de cantar acompañada polo seu guitarrista, Tito José Calviño, adicou unha pequena porción do seu tempo a facer algún monólogo humorístico e a dar consellos. Dende o punto de vista obxectivo e profesional, o vocabulario utilizado cara nós, non foi o máis adecuado, pero, dende o punto subxectivo, a maioría dos rapaces agradecémo-lo seu comportamento de confianza que nos adicou, co cal fixo que o pasaramos moito millor ( xa sei que é "mellor" pero esta palabra úsase así no meu pobo ). Ao cantar, seguro que sorprendeu a máis de un. Ah!, e na miña opinión, o que máis me marcou foi o desafío cara os rapaces  de cuspir máis lonxe  apostando 50€, dicíndo que ninguén conseguiría vencela, ninguén o fixo ( índa que o maís seguro é que o dixese en broma ), para min iso foi un farol, e dos gordos ! Agradezo eu a mais os alumnos de 3º e 4º de ESO que viñexe.

César