21.1.14

Muros

SITUACIÓN: A vila de Muros  ocupa o extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das Rías Baixas. Está a 112 quilómetros da cidade de A Coruña.

CONCELLO: é Muros de San Pedro. Habitantes: 11625. Superficie en quilómetros cadrados: 69,5. Capital: Muros. Parroquia: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Sestaio... 

FESTAS: As festas do Carme (16 de xullo); Festas de San Pedro (29 de xuño); Romaría da Virxe do Camiño (1º domingo de agosto); a carreira de carrilanas (Esteiro).


HISTORIA: Sobre a Prehistoria de Muros sábese da existencia dunha cruz céltico-irlandesa e duns petróglifo: Pedra das Rodas, Morosa do Paso e Laxe dos Labirintos.
Sobre a Idade media non hai noticias agás algúns documentos sobre privilexios concedidos á vila.
A importancia pesqueira de Muros vese cando é habilitada como porto  para exportar e importar. Sufriu moitos saqueos (dos franceses...) por ter unha ría moi ampla e sen unha debida defensa.
En 1846 apoiou o levantamento que Solís e outros sublevados fixeron contra as medidas duras que Narváez iniciara contra Galicia.