É bo xogando ao fútbol... E feo, feo coma pegarlle a un pai cun calcetín sucio. O francés é produto dunha mutación atómica, unha das consecuencias disto son as súas orellas, copiadas por Disney para crear o personaxe de Dumbo. A súa cicatriz semella un val. Podería dicirse que o que ten de feo o ten de bo xogando... Pero nin sequera gañou o balón de ouro. Dáme tanta pena que vou crear uns premios chamados. "O corno de ouro", e vou darlle a el o primero, segundo e terceiro premio. A súa fealdade só é superada polo seu ego e a súa ferocidade no campo. Besta por dentro e por fóra, non deixa de ser un gran futbolista.