20.2.14

Sabendo un pouco máis sobre as linguas

Mandáronos na clase de galego investigar sobre as linguas e isto é o que atopei:
Sabiades que na UE pódense atopar países monolingües e plurilingües?? A que non, pois si!!! Algún tipo de país monolingüe pode ser Alemaña, Portugal ou Reino Unido. Tedes que ter en conta que eses non son os únicos  tres xa que se póden atopar 11 países monolingües máis. Quedácheste tolo, ehhh??
E agora vouche nombrar algún tipo de pais plurilingüe para que me podas crer. Varios exemplos poden ser Bélxica, Italia e España.Pero tamén tes que ter en conta que coma os monolingües hai máis países plurilingües.
En España sabías que se falan sete linguas!!! nin seis nin oito, sete!!! Entre elas están o Catalán, o Euskera, o Aránes, o Aragonés, o Asturleones, o Castelán e a mellor lingua para o final, o Galego!!!
Sabías que o galego tivo boas e malas etapas?? A que non??
Do século XII ao XIV estivo nunha etapa de moito esplendor, logo nos séculos XIV ao XV por desgraza caeu nunha etapa de decadencia pero no ano 1905 volveu a ''recuperarse'' e desde esa data ata hoxe en día o galego situouse no termo lingua ''minoritaria''.