21.12.10

Eduardo Pondal

 O seu nome completo é Eduardo María González-Pondal e Abente, nacido en Ponteceso (A Coruña) o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917. Foi un poeta rexionalista galego. En 1890 o músico Pascual Veiga pediralle unha letra para unha obra que pretendía presentar a un certame na Coruña. Eduardo Pondal compón para a ocasión o poema "Os Pinos", cuxas dúas primeiras estrofas formarán parte da letra da melodía. Aínda que a obra non chega a estrearse o poema aparecerá publicado ese mesmo ano nun folleto do certame, así como en varios xornais galegos da emigración cubana. En 1907 a composición de Veiga será estreada na Habana é considerada dende entón himno de Galicia. En 1981 será legalizada como himno oficial polo Estatuto de Galicia. Dende 1935 (edición da Real Academia Galega) ese poema integrouse, xunto con outros inéditos, nas edicións de "Queixumes dous Piñeiros".