29.3.11

Dialogamos...

- Ola!!
- Ahh!! Pero que fas falándome a través da pantalla do computador??
- E a ti que che importa?
- Non nada, parecíame raro, nada máis...
- Non me contes historias aparvada... E que tal o día?
- Non sei, estou falando cun retrato...
- Oe, un pouco de respeto aos teus maiores, anana!
- Déixasme de tratar así ou marcho?
- Vale, vale, xa paro, pero non te vaias... Abúrrome moito...
- E logo? Ti que fas aí metida? Por que non saes?
- Pero ti cres que se tivera algunha opción non marcharía para Brasil a bailala samba con algún moreno??
- Ahh, pois si, bah síntoo pero teño moita présa!! Adeus.