Mostrando entradas con la etiqueta XIADA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XIADA. Mostrar todas las entradas

3.12.13

Hermano Mayor

O programa trata dun home chamado Pedro García Aguado, campeón olímpico que tras superar os seus problemas de adicción axuda a xoves con ese mesmo problema para facerlles entender que se están facendo dano a eles mesmos, a súa familia e ao seu redor.
Fala con eles e intenta averiguar cal é a orixe do problema polo cal teñen ese rexeitamento pola súa familia e o resto do mundo. Intenta facerlles entender que o alcohol, as drogas e outras cousas o único que fan é afastalos das persoas que os queren e que os que están ao seu redor vivan un inferno.
Ensínaos a que se den  conta de queo primordial na vida como a familia,os amigos, é que non están sós, que poden buscar axuda,e que se se deixan axudar, poden saír adiante.
A pesar dos casos que hai que son moi fortes, e da xente que se ve sufrindo, gústame moito o programa polo labor que él realiza e pola superación que consegue a mocidade.



Andrea Cedeira Muíño 3ºB 

7.5.12

Memorias de Rosalía

 
Alex, Enrique, Tania, Fernando

26.4.12

Rosalía de Castro

Fai click na foto
Almudena, Carlos e Laura

17.4.12

" NEGRA SOMBRA " ROSALÍA DE CASTRO


SAMUEL BARRALLOBRE RODRIGUEZ

25.3.12

Julio Verne


Fai click aquí:
http://photopeach.com/album/11c6wc6










Dana, Laura, Tania e Yanka

15.3.12

Maito Panduro

Este libro gustoume porque Maito é un neno moi intelixente para a súa idade e tamén porque a súa profesora Susana nunca lle reñe, sempre esta de bo humor con el e dille que le escriba ao seu pai. O pai dáme un pouco de pena, porque en primeiro lugar debe estar moi triste na cadea, porque está só, pero me gusta cando fai os debuxos para comunicarse ben Maito. Parece tamén un pouco triste que a profesora teña que bañalo porque non teñen auga quente nas chabolas, é un pouco inxusto que uns rapaces non teñen o que outros rapaces teñen. Realmente gustame de calquera maneira porque Maito está feliz coas cartas do seu pai e pensando na sua prima Pallas eo seu cabalo Fogo, e tamén no final o pai veno a buscar para irse a Pacillano tamén con seus irmáns e pai. E tamén me gusta porque fai moi rápidos cálculos matemáticos. Parece un libro moi divertido e a min me gustou a historia que conta, ainda que o que lles pasa e triste merece a pena lelo.


_________Iván 3ºB________________

6.3.12

Jules Verne

Alex, Carlos, Fernando, Noemi

10.1.12

Cantiga.

Flores do meu campo.
Flores dos meus pensamentos.
Vistes pasar ao meu amigo?

Ai vento, lévame xa,
as augas de mar tempestuoso.

Flores da grande póla.
Flores dos meus ollos.
Vistes pasar ao meu amado?

Ai vento, lévame xa,
as augas de mar tempestuoso.

Flores do meu cabelo.
Flores da primavera.
Vistes pasar ao meu amigo?

Ai vento, lévame xa,
as augas de mar tempestuoso.

Yanka, Dana e Tania

http://www.glogster.com/aulanosa/dana-tania-e-yanca/g-6lq02r58600h0s7s32bkqa0?s=imgglog


22.12.11

Cantiga

Busquei no río, busquei no prado
e non atopei ao meu amado.
Triste estou eu 
co meu cabelo atado.


Procureino no mar, procureino no río
aínda non atopei ó meu amigo.
Triste estou eu 
co meu cabelo atado.


E non atopo ao meu amado
con quen eu tiña quedado.
Triste estou eu 
co meu cabelo atado.


Aínda non atopei ó meu amigo,
o mar e o vento traerano comigo.
Triste estou eu
co meu cabelo atado.


http://www.youtube.com/watch?v=aHmxbuQPXug&feature=related


Enrique Fornos Domínguez  3ºA

13.12.11

Todos somos Balbino.

Durante este trimestre estiven lendo Memorias dun Neno Labrego. A pesar de que está escrito nun galego un pouco complicado a historia terminou por engancharme.

O personaxe ten varias cualidades, é aventureiro, vergonzoso, pícaro, valente e pobre. Por eso é fácil identificarse con el.

O que máis gustoume de el é o que loita pola súa dignidade, nunha Galicia rural onde os recursos son escasos e a xente o que máis lle importa é o que pense o resto das persoas.

Ao longo da lectura esto ocorre en varias ocasións. Onde mellor se ve é cando conta a morte do seu padriño, nese momento o pobo celebra o Carnaval e Balbino quere disfrutar das festas pero non lle deixan porque están de loito.

Recomendo a lectura aínda que custe entender algunhas das súas palabras.

30.10.11

A Pena da Cobra

Esta lenda localízase na Serra do Xistral, concello de Alfoz (Lugo), donde hai un penedo que se coñece como Pena da Cobra. Contan que noutros tempos, antes de ser pedra foi serpe e o que agora se ve non é máis cá cabeza petrificada do animal.

Os vellos que alí vivían contan que había unha cobra que comía todos cantos bichos había no monte, non deixaba ningún, todo lle valía. Ninguén do pobo quería subir ó monte por medo ao que poidera pasar. En todas as casas do pobo non había un só día que non rezaran para que o bicho morrera. Un día apareceu un vello moi mal vestido, que parecía un mendigo, e atreveuse a subir ó monte solo, porque ningún quería ir con el. Non se sabe o que fixo, pero contan que cando volveu de volta, dixera que xa podían subir o monte porque a cobra xa morrera. Todos os homes daquel pobo xuntáronse e foron ver o que pasara.


E parece ser que foi verdade, porque o que alí atoparon, foi a cabeza da cobra sobre a terra convertida en pedra, coa boca aberta e o resto do corpo enterrado. Desde aquela a esta pedra chámanlle a Pena da Cobra. Non souperon nunca quen foi aquel home, pero dicían que tiña que ser santo porque solo un santo podía ganarlle e convertir en pedra a aquel animal tan grande.

Eu creo que é unha lenda porque preséntase como un feito real, localízase nun lugar concreto, neste caso na Serra do Xistral, concello de Alfoz (Lugo), a súa finalidade pretende explicar un feito sobrenatural.

É unha lenda haxiográfica, xa que, o que alí aconteceu é un milagre.