Os vellos que alí vivían contan que había unha cobra que comía todos cantos bichos había no monte, non deixaba ningún, todo lle valía. Ninguén do pobo quería subir ó monte por medo ao que poidera pasar. En todas as casas do pobo non había un só día que non rezaran para que o bicho morrera. Un día apareceu un vello moi mal vestido, que parecía un mendigo, e atreveuse a subir ó monte solo, porque ningún quería ir con el. Non se sabe o que fixo, pero contan que cando volveu de volta, dixera que xa podían subir o monte porque a cobra xa morrera. Todos os homes daquel pobo xuntáronse e foron ver o que pasara.
E parece ser que foi verdade, porque o que alí atoparon, foi a cabeza da cobra sobre a terra convertida en pedra, coa boca aberta e o resto do corpo enterrado. Desde aquela a esta pedra chámanlle a Pena da Cobra. Non souperon nunca quen foi aquel home, pero dicían que tiña que ser santo porque solo un santo podía ganarlle e convertir en pedra a aquel animal tan grande.
Eu creo que é unha lenda porque preséntase como un feito real, localízase nun lugar concreto, neste caso na Serra do Xistral, concello de Alfoz (Lugo), a súa finalidade pretende explicar un feito sobrenatural.
É unha lenda haxiográfica, xa que, o que alí aconteceu é un milagre.