Nunha curva moi perigosa de Cataluña, aparece sempre unha moza loira moi fermosa, aínda que pálida. Din que leva unha mochila con ela.
Un día a moza loira subiu nun coche cunhas rapazas.
Ela non dicía nada, non falaba. De súpeto, chegando a unha curva, a moza di : "a curva é moi perigosa. Ir amodiño".
A rapaza que conducía non deu freado a tempo e caeron polo terraplén que había debaixo. Nese momento as rapazas decatáronse de que a moza loira desaparecera.
Máis adiante, déronse conta de que esa moza xa morrera fai tempo e por iso aparecía polas noites. Para impedir accidentes nesa curva.