
Os anciáns contan, que un mozo que desexaba saber o que era , decidiu esconderse xunto a unha parede do camiño por onde pasaba a luz.
O mozo morría de medo e frío. Pouco tempo despois, sentiu como as luces e os rezos acercábanse.
No momento que case xa a podía ver, o mozo recibiu unha labazada que o tirou cinco metros abaixo, provocando o seu desfalecemento.
Ninguén daquelas aldeas chegou ver con maior claridade a luz.
Os que lembran, non queren falar dela e os que falan, din que era a morte.
O que teñen claro: aos que o medo entrou no corpo, xa non poden facer nada para quitalo.
· É unha lenda, xa que se presenta como un feito real. Localízase nun lugar concreto (Serra de San Mamede). O que protagoniza a historia é algo sobrenatural e a súa finalidade é transcendental.
Clasificación temática: etiolóxica
Yanca