30.10.11

A Lagoa de Serpe de Pena Trevinca

A Lagoa da Serpe localízase na Serra de Pena Trevinca (Ourense). Esta lenda conta que as noites de lúa chea a enorme serpe que alí vive sae convertida nunha fermosa muller, e pídelles a todos os mozos que pasan que a desencanten. Este suceso pasa especialmente na noite de San Xoán, porque o amanecer é máis fermoso. Hai varias versión, pero unha delas conta que un xoven rapaz intentou desencantala, pero fracasou no último momento, entroulle o medo ao ver a semexante serpe e saiu correndo. Tamén conta a lenda que se bebes da auga da lagoa morres e se nos metemos dentro dela xa non podes sair.


Eu creo que é unha lenda porque presenta os feitos dunha forma moi real, e hai elementos de realidade na historia, non ten un autor definido, pois se transmite de forma oral entre as xentes dos pobos e sitúase nun lugar determinado.


Ana Vázquez Ucha. 3º ESO B