29.10.11

A luz das ánimas

Esta lenda ten lugar na parroquia de Santa Marta de Babío, Bergondo (A Coruña) alá polo final do séculos XIX. Contan uns vellos do lugar que nunha casa da aldea falecera un dos señores que habitaba coas súas irmáns. Pasado pouco tempo observábase tódalas noites unha luz que baixaba pola costa do monte e poñíase enriba da casa ata cando se facía de día que desaparecía. Pronto empezou a correr a voz entre os veciños do que acontecía nesa parroquia. Afirmaban que daba medo xa que pola zona estábase totalmente ás escuras. Dicían que unha vez desaparecidos todos os membros desa familia non se volveu a ver ningunha luz sin explicación algunha.

Considero que é unha lenda porque contén feitos que poden ser verdade, localízase nun lugar concreto neste caso nunha parroquia de Galicia e ten como finalidade explicarnos un feito sobrenatural.

Clasificaríase como unha lenda etiolóxica xa que non se coñece a orixe deste fenómeno.

Ligazón:

- A luz das ánimas (Galicia encantada).

Fernando