O programa trata dun home chamado Pedro García Aguado, campeón olímpico que tras superar os seus problemas de adicción axuda a xoves con ese mesmo problema para facerlles entender que se están facendo dano a eles mesmos, a súa familia e ao seu redor.
Fala con eles e intenta averiguar cal é a orixe do problema polo cal teñen ese rexeitamento pola súa familia e o resto do mundo. Intenta facerlles entender que o alcohol, as drogas e outras cousas o único que fan é afastalos das persoas que os queren e que os que están ao seu redor vivan un inferno.
Ensínaos a que se den conta de queo primordial na vida como a familia,os amigos, é que non están sós, que poden buscar axuda,e que se se deixan axudar, poden saír adiante.
A pesar dos casos que hai que son moi fortes, e da xente que se ve sufrindo, gústame moito o programa polo labor que él realiza e pola superación que consegue a mocidade.
Andrea Cedeira Muíño 3ºB