6.5.11

Francisco Castro

Francisco Castro é un autor galego que naceu en Vigo o 8 de outubro de 1966.
El  fixonos unha visita o 3 de maio, contounos que dá grazas a ter un traballo de
escritor porque di que lle encanta vivir nun mundo de fantasía.
Contounos que co libro de Un bosque cheo de faias se inspirou nas experiencias
que tivo durante toda a súa vida.
Falounos de que el xa escribía de moi pequeno,e que a partir dos 14 anos empezou
a escribir poemas; e díxonos que se non fose escritor teríalle gustado
algo que tivese que ver coa música ou calquera tipo de traballos que teñan que ver coa comunicación.
El fora profesor de filosofía. Ten 2 fillos e dixo que a súa
familia xa estaba acostumada a que pegara un salto por que se lle ocurrira algo
porque escribir lle daba moita excitación. Vai estrear un libro ao mellor dentro
de 1 ano o 2.
Para min,o libro era bastante interesante. Pareceume moi boa persoa,amable e
moi chistoso; compraceríame que viñera máis veces.