En Vigo en 1963.
Onde e que estudou?
Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.Cando comezou a escribir?
A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia e un dos impulsores da editora Edicións do Dragón, dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia. Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con ''Tráiler'', unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas.Como e a sua obra narrativa?
A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. É responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos.
Algunhas das suas obras...
- O brillo dos elefantes, 2006, Edicións Xerais.
- Cartas de amor, 2006, Edicións Xerais.
- A vida secreta de María Mariño, 2007, Edicións Xerais (Ilustracións de Fino Lorenzo).
- A araña e máis eu, 2009, Kalandraka.
- O meu gato é un poeta, 2011, Edicións Xerais.