8.11.12

Historias para calquera lugar.


  • Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.An Alfaya escribiu ?A muller prohibida?, un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.
  • Ramón Caride escribiu ?A primeira aventura de Sheila e Said?, que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria.Agustín Fernández Paz escribiu ?As sombras do faro?, un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén.Xabier P. Docampo escribiu ?Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira?, un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera.Miguel Vázquez Freire escribiu ?A secta do can?, un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Univers.
  • .
  • En A muller prohibida de An Alfaya conta un rapaz os paseos co padriño, xa maior e con lagoas na memoria, nos que este lembra dous momentos felices: a morte do dictador Franco e a fugaz visión do lombo nu da fermosísima muller do mestre, a muller prohibida da súa nenez, nunha imaxe que permanece aínda na súa retina logo de tantos anos. O afillado convértese así na súa memoria.
    Ramón Caride refire en A primeira aventura de Sheila e Saidun suceso da primeira infancia dos dous irmáns protagonistas dunha serie de libros que se desenvolven na sexta década do século XXI ("Ameaza na Antártida", "Perigo vexetal" e "O futuro roubado"). Ante un ataque dos inimigos do seu pobo, teñen que fuxir cos outros nenos do oasis no que viven a unha cova, onde unha patrulla os descobre pero respecta a súa temperá idade. Instaurada a paz, instálanse co avó no muíño de Loreda, a vella casa familiar.
    O narrador de As sombras do faro, de Agustín Fernández Paz, recorda cando chegou a Pontebranca para facer o primeiro curso de bacharelato. A torre dun vello faro, sobrevoada polos corvos decote, que todos os veciños prefiren ignorar, é o escenario do seu misterioso descubrimento duns seres fantasmais. A ousadía de acercarse a ela provoca as ameazas dos vilegos contra o intruso, a prohibición de seguir saíndo coa moza e o traslado familiar para unha cidade próxima. Agora, trinta anos despois, leva rosas vermellas á torre, sabedor de que fora escenario de fusilamentos na guerra civil. Tapiado o pozo no que botaron os "roxos", converteuse nun obxecto de visitas turísticas.
    Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira de Xabier P. Docampo conta o acontecido a un rapaz traste cando caeu da cerdeira e deu en desfalar, en dicir as palabras ao revés. Os médicos do hospital non dan co remedio, pero si a avoa: unhas boas lapadas corrixen parcialmente o defecto e provocan nel a facultade de desencadear a realización dos seus desexos. Un día xogando ao fútbol mandou a pelota ao lousado da casa, concentrouse en subir por ela pero non foi capaz de dosificar mentalmente o descenso sen arriscarse a levar unha boa zoupada. O esgotamento puido con el e, medio durmido, caeu enriba do pai. Desde entón fala perfectamente e non ten poderes mentais. Pero o pai fala ao revés. A avoa terá que aplicar novamente o seu remedio, pois, morta como outras veces, regresará outravolta cando a enterren sen a dentadura.
    Miguel Vázquez Freire sitúa A secta do can nunha megacidade do século XXII. Ax recibe o encargo de destruír o xefe da Secta do Can. Os seus seguidores entremétense en ciberpantallas privadas e nas dos centros de ensino ou dos estadios deportivos con mensaxes contrarias á Orde Única Universal. Coa axuda do axente de pantalla Alf, localiza a un mozote recluído no seu turullo desde hai tres anos, cando estivo a piques de morrer na escola por mor dun abuso que a dirección non penalizou. Solidarízase con, manipulan os circuítos de Alf e foxen xuntos da macrocidade. En plena natureza, Ax recorda os tempos nos que os humanos non se deixaban mandar polas máquinas.