A noveliña que lin conta a historia
dun adolescente que vive coa súa nai en Paris, e é enviado a pasar
unha tempada coa súa tía Jojo, no ano 1890. Esta señoriña vive nun pobo francés chamado Auvers. A súa adaptación vai lentamente xa que nada é
igual ó seu estilo de vida anterior. Nos seus primeiros meses alí, a
soidade o invade por completo e é incapaz de relacionarse cós
rapaces que viven neste pobo. Ler convértese no seu principal
pasatempo, seguido de pasar horas e horas na estación de tren
agardando o cumprimento da promesa que lle fixo a súa nai antes de
alonxarse do seu carón. Prometérallo, e sabía que ía regresar por
el.
Unha tarde chega dende o lonxe da
estación un home de extraño aspecto, cargado có seu maletín de
pinturas. Sen saber como, comezan a falar e o acompaña ata a posada
na que o extraño, que agora xa ten nome, Vicent, ía aloxarse na súa
estadia na vila.
Nos meses seguintes fanse moi bós
amigos, e viven momentos, anécdotas e comparten respostas ós
problemas que lles vai deparando a vida. Vicent parece vivir soamente da pintura, cada pincelada que da semella a perda de todas as súas inquedanzas. Coñece o amor, pero non na
súa mellor parte. Pouco a pouco todo cambia na súa vida e terá que
aprender a vivir só e facerse valer no longo mundo que lle espera.
Elena Veiga Martínez