11.1.13

A miña aldea.



Na miña aldea hai gran variedade de lugares de gran interese cultural e paisaxístico.

 O que máis me gusta dela é que ten a praia moi preto, a cal recibe o nome de Area Maior; ainda que todos lle chaman  Praia dos Muíños porque por ela pasa un río que vai dar a 17 muiños recentemente reformados.

En fronte onde viven os meus avós atópase o Mosteiro de Moraime, ca súa Igrexa e o cemiterio a carón.
O Mosteiro de Moraime foi un centro cultural importantísimo da idade media, no que se educou o rei galego Alfonso VII.

A Igrexa de San Xiao de Moraime é un edificio románico do século XII composto por unha  planta basilical con tres naves e tres ábsides, sendo a nave central a máis ancha delas e separadas entre si por columnas e semicolumnas que sosteñen arcos de medio punto.
No muro norte dunha das naves laterais atopamos oito lienzos que representan os sete pecados capitais e a morte, pero debido a humidade están en mal estado de conservación.
O conxunto monumental de Moraime foi declarado no ano 1972 Ben de Interese Cultural.
O mesmo ano no que se fixeron excavacións dirixidas por Chamoso Lamas, atopáronse restos dunha Vila Romá, dunha nacrópole visigoda e muros do antigo mosteiro medieval. Ademais Moraime foi un foco importantísimo no medievo como elemento organizador do territorio.
 En 1119 falouse da existencia de peregrinos en Moraime e moitos cabaleiros medievais quixeron ser soterrados alí.

 Ainda así, Moraime segue a ser un grande descoñecido de gran beleza que abrangue  prezadas xoias que van dende as súas portadas, cun programa iconográfico espectacular, ata as pinturas e murais da igrexa, de estilo gótico hispanoflamenco, pasando por un busto feito polo grande escultor galego Asorey e que se atopa no vello cemiterio.