OS CRUCEIROS EN GALICIA
Os cruceiros son considerados como unha das manisfestacións máis xenuínas da arquitectura galega, súa orixe remontase a época prehistórica en lugares onde existían menhires, logo coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia baixo formas cristianizadas. Aseméllanse entre eles pero non é doado encontrar un igual. a súa presenza nos camiños e nos lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.
Os cruceiros son cruces de pedra colocadeas en lugares como cruces de camiños, adros de iglesias, ermidas, ou incluso en entradas a cemiterios sempre en lugares de culto e onde ocorreu algunha morte.O cruceiro é un obxecto sagrado e o lugar onde está emprazado tamén, nos cales se realizan ofrendas en petición dalgunha gracia ou coma testemuña de agradecemento por algún favor recibido, paradas de enterros ou procesións. por iso o cruceiro é un obxecto de devoción e respecto, e non so un monumento.
cruceiro de Melide do século XIV