Un cazador se encontra camiñando no verde prado. Despois dun tempo no prado ve unha muller fermosa, o home vai onde ela e lle regala unha flor, a muller ponse moi colorada, dalle un bico na meixela, e vaise. Ao día seguinte, á mesma hora e no mesmo lugar se volve encontrar coa muller. Comezan a falar, e o cazador lle di:
-¿Que fas muller fermosa, ti tan soa?
-Veño a recoller froitas, e despexar a mente.
O cazador dalle un bico na boca, e ela vaise namorada. A o outro día a muller volve ao prado moi namorada, e o seu cazador non está, e así durante tres días, pero ao cuarto día seu cazador está, el vai onde ela, e a muller non quere saber nada del e vaise. O cazador dille:
-Dime aonde vas, miña cerva ferida, dime aonde vas, polo meu amor!
-Vou para o verso dunha cantiga, meu cazador!
-¿Por que vas para o verso dunha cantiga?
-Porque meu cazador rompeume o corazón.
ROSA KIRSIS E MIRIAM RODRÍGUEZ 3B