8.1.13

Petos de Ánimas. A alma de Galicia.

Sabido é que Galicia sempre foi un pobo moi relixioso, rogos e rezos a Deus nunca faltaron na cultura popular, pero unha das cousas máis importantes foi ó culto ós mortos e ás súas almas, ou ánimas.
O paso á outra vida non é tan doado segundo as crenzas tradicionais. Débese pasar por unha fase chamada purgatorio onde o espírito dos mortos está entre a Terra e o ceo, arrepentíndose dos pecados cometidos en vida. O tempo que pases neste lugar varía dependendo do teu comportamento en vida. Non é un lugar moi agradabel, así que procura ser bó!


Os petos de ánimas son construccións artísticas adicadas á esta fase da morte, sendo as almas do purgatorio a devoción dos galegos despois de Cristo e a Virxe. Adoitaban facerse en granito, cunha cavidade en forma de capela, (representando ás ánimas purificándose), unha pequena hucha  onde se esperaba que se deixara unha pequena esmola, desta parte proven o nome de "peto", e na parte baixa hai un saínte que imita unha mesa de altar. Ás veces, tamén teñen reixas, representando o encerro das ánimas. En Galicia, a maior parte destas contruccións datan do século XVIII pero as máis antigas conservadas son do XVII. 



É tradicion que, cada vez que se pasa diante dun peto de ánimas, rézase unha oración, póñeselle flores para o recordo ou se lle pide axuda para solucionar un problema. Ás veces crese que fanse no lugar onde foi o enterro, por iso hai a crenza de que as almas vagan pola noite. Estas construccións transmítenos tamén á forza da Igrexa naquel tempo, colocadas na praza da aldea ou no borde dos camiños, para que se lles infundiran as ideas católicas a un pobo maiormente analfabeto. O curioso é que a xente comezou a crer máis no purgatorio que no inferno, e alimentábanse da esperanza de que as súas almas poderíanse salvar a forza de oración e boas obras.


Algúns petos de Ánimas galegos: 


                                                    Peto de ánimas de San Xoán de Barcela




   
                                                       Peto de Ánimas en  Augasantas, Cotobade


Alba
                                                  Peto de ánimas de San Antonio, Picouto