13.3.13

Historia da lingua galega.

Nun comezo, non se falaba galego en Galicia, nin castelán, nin inglés se quera.. Había un idioma do que só nos quedan algunhas palabras. Coa chegada dos romanos, entramos en guerra pero perdimos, conquistaron o noso territorio e nel, que nin nome tiña entrou o Latín e pasou a chamarse "Gallaecia".
Ese Latín que trouxeron os romanos, non o falaban todos igual. Os máis estudados usaban o culto, e os menos o vulgar, con este latin vulgar e algunas palabras de invasions de despois dos romanos, adaptamolo todo e apareciu o Galego-Portugues. O Galego-Portugues separouse do Latín no seculo "X", e dividiuse en Galego e Portugues, tras a reducion do territorio de Galicia, separandose de Portugal. Os Portugueses levaron este idioma a todo o mundo, por eso hoxe en dia podemos falar con milleiros de persoas.
Nesta época, o Galego era normal.



Quere dicir que, o falaba todo o mundo, dende trobadores a bispos, ate o rei Afonso "X" de castela, escribia as súas composicions en Galego. Estabamos ao tanto da literatura mundial, ate os "best seller's" da época eran traducidos ao Galego!
Pero un dia marchou este sol que tanta luz nos daba e, de ser idioma normal e actualizado xa nin se escribe nel, nada máis que se fala, mais por pouco tempo. A estes periodos chamamoslle Séculos escuros.
E neste perido de malestar para o idioma, aproveitaron os castelans e invadironos, con eles entrou o castelan, a nova lingua oficial de galicia.
Agora só o pobo falaba galego, os bispos e os ricos xa non. E por se non chegaba, nos nosos falantes apareceu a diglosia e comezaron a usar castelanismos no noso idioma, co seu explendor e ca nosa decadencia chegaron os vaciles..Nesta época, cos vaciles chegou o autoodio que é que unha persoa umillada pode chegar a odiarse a si mesma e eso nos pasou a os galegos, ate pensabamos que todo o galego ou relacionado con galiza era inferior.
Pero coma non hay mal que cen anos dure, chegou o século XVIII "O Século das Luces" no que volvimos a medrar pouco a pouco, neste seculo tamén entraron en galicia novos cultivos americanos a os que nos adaptamos moi ben. E con este auxe o padre Sarmiento xunto co padre Feixoo pediron a categoria de idioma para o galego, querian recuperan aquel idioma de tanto explendor. No século do rexurdimento o século XIX o galego volveu a literatura grazas a Rosalía, a Pondal e a Curros principalmente neste século tamén apareceu o galeguismo que defendia a peculiaridade de Galicia e o seu idioma.
Segundo avanzaba o séculom XIX o estado quixo homoxenar todo, educar a todos coa mesma lingua o castelán oficial e unico en españa. Outra das medidas para uniformar foi dividir Galicia en catro provincias que ainda hoxe estan ai: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Os precursores, iniciaron a recuperacion do galego e Murguía que tamén era historiador comezou a investigar sobre o noso pasado, el foi o primeiro presidente da "RAG"
Pero os escritores galegos tiñan que escribir de orella, xa que non había diccionaros e por iso entraron os castelanismos e o resto de españa e ainda alguns galegos pensaban que o galego era so para a poesía ou a rua..