9.4.13

De xeración en xeración

Levába meses traballando na súa síntese sobre o idioma galego. Este curso estaba séndolle moi dificil, sobretodo deende que perdera a súa avoa. O seu pai, non lle facía caso, as dubidas sobre a escola non era capaz de resolverllas, xa que non tiña nin idea da historia de Galicia. Sempre lle dicía que o mirara la wikipedia pero iso non lle servía de nada.

Unha tarde, rebuscando entre os caixóns do seu pai par aatopar o móbil que lle había sacado por suspender o exame de matemáticas, encontrou un libro vello, do que non tiña nin idea do que podía ser. A curiosidade podía con el, polo que o abríu e dispuxose a ler:



"Tiña 11 anos, o meu avó era como o meu mellor amigo. Non lembro unha tarde na que non me sentara no seu regazo a escoitalo unha hora tras outra contandome todas as historias que pasaban pola súa mente. Galicia era o tema máis común, a historia sobre o noso transcurso ao longo de tempo era o que máis me fascinaba. Recordo, coma se fose hoxe o día no que me contou a historia dunha lingua que naceu sendo grande, minguou a pequena e recobrou gran forza co paso do tempo e moito esforzo, ou a noite na que me contou a vida dunha tal Rosalia de Castro que foi unha das escritoras máis importantes ao longo de tempo e para Galicia.

Agora el, xa non está na miña vida. Xa non me senta no seu regazo para contarme esas historias, agora son eu a que imaxina que esta ó seu carón, sentada sobre nas súas pernas, escoitando cada palabra que sae dos seus beizos. Contoche as historias que sei por el, porque sei que ti, dentro dun tempo, llas contarás ós meus netos, e que así, o que de xeración en xeración levan facendo conmigo, o farás ti. Pero sempre tiven a dúbida, a pesar de todo o que aprendín grazas ó teu bisavó,  de saber, que era o que levou ó Pai Sarmiento a loitáren de tal xeito pola nosa lingua. Por moita información que saiba ou que busque, os seus pensamentos, as súas ideas e creenzas non están reflexadas en todo o escrito e que lemos na actualidade. Só el, el sei que o sabia, pero non lle deu tempo a contarmo.

Agora que lees este diario, podo dicirche o segredo polo que recordo todas e cada unha destas historias ao pé da letra. Dende que morreu acudín todos os días á súa tumba, no ceminterio da Santa Mariña, para falar con el. El me falaba, porque para min o teu avó esta tan vivo coma min. Contoume que o seu tío, era amigo inseparable do pai Sarmiento, e que sabñia todos os motivos do seu comportamento. Sentñiase frustado pola condición na que a lingua que tanto cultiváramos estivera nesa posición social. Buscaba ser un impulsor e conseguir que fose recoñecida dunha vez. Para iso, sabía que ía necesitar axuda polo que foi chamar a porta do seu veciño o Pai Feixoo. Xuntos tantáron elevar a posicion do galego, ata unha lingua oficial. Meu avó repetíame de seguido que non esquecera eses nomes, porque serían os dos grandes precursores. Sarmiento interesábase a fondo por Galicia e ata que conseguíu o que se propuxera non descansou en paz.

Sabes moitas historias Xoan, non deixes que nadie te arrebate o que sabes, dillo os teus fillos, failles saber todo o que nos vivimos fai séculos, estate orgulloso da nosa historia, porque a pesar ed todas as dificultades, seguimos aquí, en Galicia, falando a lingua pola que tanto loitaron.


      Asinado :  Xulia Fernández.  "


- UN DEZ NO TRABALLO PAPA ! - Dixo Felipe moi contento cando chegou o venres a casa.

- Un dez? E logo, como conseguiches a información que necesitabas?

- Viaxei no tempo papá, presteille atención as cousas que ti non aprobeitaches do pasado da túa familia. A avoa escribiu un diario para ti.

- Xa o sei Felipe, pero.. non cría que che fora a interesar.

- Papá, Galicia é a miña terra, a súa historia é o que máis me interesa, e sobretodo, sabela da mán da miña avoa.