26.4.13

Dores Tembrás - Obradoiro

O día mércores, 24 de abril, a clase de 3A do IES Elviña tivo unha actividade coa gran poeta Dores Tembrás na biblioteca que durou dende as 10:30 ata as 12:10.
A actividade foi moi lúdica e entretida xa que pasaron as horas voando! Comezamos cunha presentación, preparada por Charo, que parece que emocionou a Dores. A continuación fixemos un exercicio que consistía en buscar a poesíanunha serie de grafitis e logrou facernos pensar. Para rematar, tivemos que pensar unha palabra e expoñela oralmentecoma se fora poesía, así rematou a actividade pero espero que poida volver canto antes para seguir disfrutando da poesía con ela.