26.4.13

Dores Tembrás

O pasado mércores  tivemos un encontro coa escritora de poesía galega Dores Tembrás. Para min non era nada novo por que fai tres anos estivemos con ela.
Cando chegamos á biblioteca , contáronnos quen era Dores, onde se formou e como era, e o que fixo ata o día de hoxe.

Logo Dores contou como pasou os catro anos que estivo no Ies Elviña, nomeando aos profesores que máis lle axudaron e lle marcaron todo ese tempo. Máis tarde puxo no proxector unhas fotografías duns graffitis seleccionados por ela, e estivemos comentando individualmente comentando o que nos parecían e dicindo características destes.

Para rematar, mandounos elexir unha palabra e describila poeticamente o que representaba para nos , e encargounos un traballo a cada un de facer uns versos con esa palabra e enviárllela.

Foron duas horas moi entretidas e interesantes , fíxome abrir os ollos nalgunhas cousas nas que a primera vista non me daría conta.

Premede aquí para poder vistar o seu blogue.