O outro día recibimos a Dores Tembrás, unha poeta ex alumna do instituto de Elviña. É unha muller enfática, soñadora e polo que puiden observar, traballadora e alegre. Fixemos un taller no que observamos e reflexionamos con algunhas pintadas, cousa que me sorprendeu, e reflexionamos sobre o seu significado para nós, aínda que a verdadeira intención e significado da pintada só está na mente do autor. Preguntounos a nosa opinión sobre a poesía e a nosa actuación frente a ela. A verdade é que non estabamos demasiado participativos. Ao final, cada un escribiu unha palabra especial para él, e explicabamos por qué o era.
Pareceume un taller interesante; unha boa maneira de iniciación na poesía. Descubrín que Naiara é unha filósofa e que as pintadas son algo máis que palabras chantadas na parede. Botei de menos facer uns versos e lelos, quizais porque me gusta escribir, pero interesoume o concepto de palabras grandes e palabras pequenas, sendo as palabras grandes (amizade, liberdade, amor, honra...) perigosas ao usalas, e as pequenas (cereixas, liña, papel) sendo grandes segundo como as usamos.
Aínda que as actividades foron entretidas e intensas, pareceume un pouco soso. Pensei que ía ser máis penetrante.