7.4.13

O Rexurdimento do galego

          No ano 1799, saín de Portugal cargado cun montón de patacas e millo. Eu era un portugués duns 20 anos, orfo de pai e nai, que traballaba transportando mercadorías. No meu primeiro envío a Galicia, eu estaba moi nervioso xa que apasionábame a literatura e Galicia estaba chea, so quería escoitar os diversos poemas galegos que se escoitaban en toda a península.

          Ao chegar a Galicia leveime un chasco, descubrín que a gran literatura da que había oído falar,
estábase a perder e a xente comezaba a deixar de escribir en galego. Ao completar a entrega volvín ao meu fogar, onde tiña que seguir traballando para vivir. Fixen moitos envíos e pasaron anos ata o meu regreso a Galicia no ano 1854, xa non era o mesmo, todo había cambiado. A xente lía poemas en galego outra vez, aquela literatura perdida estaba en pleno rexurdimento.

          Ao ver aquilo xa non quería regresar, ao camiñar polas rúas da cidade de A Coruña, lugar onde tiña que realizar o encargo, escoitei:

-Trócanse periódicos!

Acerqueime ao neno que os vendía e pregunteille:

-Que queres por el?
-O teu sombreiro -Respondiume cun ton serio.
-Acepto o troque.

         Comecei a ler, o periódico chamábase "O tío Marcos da Portela" a noticia da portada dicía asi:
A gran autora de poemas e novelas Rosalía de Castro apoia a causa do galleguismo, un novo movemento que busca o rexurdimento da lingua galega. Comprei una residencia en A Coruña e comecei a investigar cousas sobre Rosalía de Castro, todos os días salía á praza a escoitar aos trovadores e saber máis cousas dela. Linme todas as súas novelas e poemas, eu estaba decidido a escribirlle una carta a aquela gran escritora. comecei a escribila, mañás, tardes e noites escribindo...
Ate que a rematei un mércores 13 de marzo de 1855, mandeille a carta, sen darme conta pasaron os días, cansábame con moita facilidade e comecei a ter febres e quedeime na cama, a miña hora chegaba preto cando, de pronto alguen chamou a porta.

-Quen é? - Pregunteille eu.
-Son o carteiro. -Respondeume.
-Pase. -Díxenlle con agonía.
-Traígolle esta carta. -Dixo o carteiro.

Deume a carta e foise, Rosalía respondérame, non abrín a carta, tiña moito sono e cerrei os ollos, non sabía que non os podería volver a abrir.

Guillermo P