
A través da actividade que realizamos con ela, analizar uns graffitis, démonos conta de que cada palabra esconde unha mensaxe e incluso, unha historia. O afán dela e máis o dos grafiteiros, escritores, poetas.. por facer chegar a nós os súas ideas, pensamentos, sentimentos..
Sorprendeume a variación de significados persoais que pode ter unha palabra, dependendo do que queiras expresar. Espertou en nós a curiosidade e o interese pola poesía , de ver unha realidade e as veces unha fuxida dela, ver o sentimento agochado nas palabras escollidas polo autor.
Como actividade final, quixo axudarnos a ser poetas. Cada un de nós, escollimos unha palabra, unha palabra que significara algo e expuxemos ante todos o por qué da nposa elección. Fascinoume por exemplo, a lección de Marta, a palabra lápis, porque dende pequenos é un compañeiro noso e así, crece con nós. Encantoume este taller, fíxome ver como a base de esforzo podes chegar moi lonxe; como un poema pode ser un refuxio, un recordo ou un sentimento. Con Dores vimos a importancia das palabras, deixamos levar a nosa imaxinación e sentímonos poetas, porque a poesía, atópase en nós.