2.4.13

Tanto estudar...

Xa estou farto de estudar os Séculos Escuros, todo o día o mesmo... O peor é que Galicia estaba morta, por certo, mañan teño examen disto e levo estudando a historia do galego toda a tarde, o único bo é que xa é o último exame; agora é hora de descansar, voume a durmir e mañán xa repasarei un pouco.

-Boas noites mamá, boas noites papá.

-Boas noites noso fillo, descansa e mañá repasa un pouco, xa verás como te sairá xenial o exame.

-Grazas, iso espero.

-Bos días, arriba!

-Que susto... Non sabedes o que soñei, debeu de ser de tanto estudar, pero xa non só o soñei, como se o vivira... Cóntovos:

               "Pois de súpeto aparecín no século XVIII en Galicia, encontreime co Padre Sarmiento, todo un símbolo para Galicia, preguntoume que que facía eu só nestas terras xa que era momentos difíciles para Galicia, non lle respondín á pregunta, simplemente díxenlle que fora grazas a el e ao Padre Feixoo que non seguiramos afundidos, senón que demos un paso adiante... Se non fora por vós nunca teríamos uns escritores tan bos; o Padre parecía sorprendido, como se non entendera nada, aí foi cando eu me din conta de que lle estaba falando do século seguinte e que claro, el non coñecía a Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou a Pondal, expliqueille todo iso e o único que fixo foi sorrir e desaparecer, e aí acabou todo".

-Mira, serviuche para estudar (dixo miña nai entre risas), veña, vamos para o cole que xa é hora!

Alex T