O mércores víu Dores Tembrás a falarnos sobre a poesía, o primeiro que fixemos, foí dicir, coas nosas palabras o que significaba a poesía. Fíxonos ver que a poesía, non só, é un conxunto de palabras que riman, a poesía é unha forma de expresión, é liberdade, decir o que sintes sin ter medo a que che critiquen.
Despois, enseñounos uns graffitis, e tivemos que interpreta-los, ó principio só parecían unha pintada nunha parede, pero despois, entendimos que non era iso, que era moito máis, que depende de onde estea escrito ou pintado, pode significar unha cousa ou outra, que non está nunha parede porque era o único sitio libre, que está alí, porque é parte do seu significado.

O obradoiro pareceume estupendo porque aprendín a entender mellor un poema e a interpreta-lo. Dores Tembrás é un exemplo de muller traballadora que moita xente debería toma-la como exemplo para conseguir as suas metas. E que se queres ser algo nesta vida: loita, traballa e pensa que deste xeito, podes consegui-lo.
Este é o poema que fixen, cunha palabra moi especial para min: NAI porque eu quero ser como ela, quero ser tan boa persoa, tan comprensible e tan forte como ela, porque sei que ela faría de todo para ver sonreir as suas fillas, por iso escollo esta palabra.
Miña nai, meu pilar
sen ela non sei que faría
pode que me derrumbase
ou seguise adiante.
Porque mellor heroina que ela
non habrá, tan forte e loitadora,
unha muller sen igual.