17.6.13

Un bosque cheo de faias.

Un bosque cheo de faias é un dos mellores libros de misterio que teño lidos ata agora. Nel cóntase a historia de tres amigos, Antón, Manuel e Alexandre, os cales coñecen a un rapaz, chamado Nelson. Fanse moi amigos os catro e quedan todos xuntos no Grapas, o seu lugar de encontro de todas as fins de semana. Todo vai normal ata que a Nelson, por ser negro, uns nazis agrídeno xunto co seu pai, un médico da cidade. Os catro
amigos tentarán descubrir cales foron os agresores, e, indagar demais, traeralles moitos problemas; poranse en contra uns dos outros e acabarán sendo descubertos polos nazis. Ao remate da historia, todo acaba ...



A parte que máis me gustou, a verdade non foi unha en concreto;gustoume moito a parte do medio, na que se descobren parte dos enigmas sen resolver, e está chea de misterio e intriga. Pero tamén me gustou moito, e impactoume o final. Non imaxinei que podía acabar tan ben unha historia deste nivel, o certo é que nese aspecto paréceme un pouco
surrealista, porque penso que nese "mundo", por desgraza, as cousas case nunca rematan así de ben.
A parte que menos me gustou foi, quizais, o principio na introdución porque sempre tende a ser menos interesante ao poñerte ao corrente das cousas. Pero aínda así valoraríaa cun oito sobre dez. En xeral, gustoume moito o libro, e "enganchoume" de maneira que paraba de lelo para facer
outra cousa e quedábame con moitísimas ganas de seguir, pero non quería que acabase nunca. Teño gañas dunha segunda parte!.
O tema do que trata penso que é moi interesante e que todo o mundo debería estar ao corrente do que lles pasa a xente como Nelson, polo mero feito de ser doutra raza, e do que fan esas persoas chamadas nazis aínda que, como dixen antes, poucas destas historias rematan ben.
Por último quería engadir que o léxico fai que o libro sexa moi doado de ler e é propio da nosa idade.

Samuel