Teño 15 anos e chamome Andrés , algúns comentan que é un nome peculiar outros que é bonito e de cando en vez din que xa é moi repetitivo . Este primeiro nome me puxo a miña nai por que lle gustaba . Procede do grego significa "viril" . O meu segundo nome é Emilio que pouco me gusta xa que parece de vello . Este púxome o meu pai en gran honor ao meu avó . Os meus apelidos son Fernández Mexía e polo que estivén buscando Fernández é un apelido patronímico o que quere decir que é fillo ou procedente de Fernando que se forma engadindo -ez ou -z . Finalmente Mexía é un apelido galego que se expandeu por toda a península . Na miña casa tamén estan os meus irmáns Xosé , que o seu nome procede do hebreo , e Ignacio procedente do latin significa ardente ou fogo .