11.12.13

A campesiña Paloma

Ola, son Paloma, unha doce campesiña que vive no norte de Hispania, na Gallaecia.
A miña familia máis eu, andamos curtos de cartos, así que cando podo, vou pasear as vacas dos veciños ou a lavar os cabalos da realeza. E así gañarme unhas cantas pesetas para a comida e as nosas necesidads dun mes.

Un bonito día de inverno, os nosos veciños, os reis de Trenta, arrasaron con todo. Levaron, tanto os nosos cartos, como as única provisións que tiñamos pra comer, os animais.

Como poden imaxinar, despois dese acto de maldade non poo seguir sendo esa doce campesiña da que falei antes, Así que decidín ir ó castelo a recuperar o que me pertencía, a min e a miña familia.

Pasei días planeando como ía entrar sen que me veran, ata que recordei que o reis, teñen aos campesiños traballando pra el no soto, e teñen un asadio segredo, según un día me contou o meu avo. Porque por desgracia tamén traballou alí. Entón, entrei por alí. E lles dixen os traballadores que en 5 minutos evacuaran o castelo, porque ía queimalo castelo con todos os nobres alí, porque bicho tan malo non pode seguir vivindo.

Subín ata o último piso, porque alí estaban as habitacións dos reis. Entrei ao cuarto da raiña, a raiña Inmaculada. E vin alí, unha bolsa chea de cartos no chan. Collín a bolsa, pero pesaba tanto, que deixei  metade, pero vin un colar tan fermoso que non me resistín a collelo. Aínda sego sorprendida de que non houbera case soldado no castelo, porque ningún me veu.

Cando volvín ao soto, os campesiños xa non estaban, chegaba tarde. Collín todo o que vin, e enchino de aceite, collín unha cerilla, prendina, e empezou a arder todo.Saín do castelo pitando. E en pouco tempo , o castelo xa era cenizas.

Agora no noso pobo quedei como unha heroína, e co que me pertencía tamén.