Lino; orfo de pai mariñeiro, sente a atracción do mar pero non pode embarcar porque a poliomelite déixao coxo. Un día de fin de ano, o vello Xosé Gaibota ofrécelle a posibilidade de escoitar as voces das misteriosas Illas Lobeiras e ver nacer os páxaros que voan cara atrás.
É o elexido para compartir este segredo, que só pode ter unha persoa. Pese ao escepticismo dos seus amigos, acompaña ao vello e pode observar marabillado as aves que voan cara atrás. Pasa o tempo e aparecen na praia unhas pegadas de ave con dúas letras, IL. Os rapaces non logran descubrir o misterio. Ata que un día de treboada, Lino, só no barco herdado do vello mariñeiro, ten a oportunidade de viaxar a Illa do Pasado e do Futuro e mesmo ver nacer as aves. É o seu segredo.
Un segredo que pode compartir co lector que embarque nesta extraordinaria novela.

Aarón López Lama