Betanzos é unha zona moi bonita para mín. Podes pasear pola beira do río Mandeo. O meu pobo chámase Cepiño, é un pobo moi pequeno.
O parque do Pasatempo situado na cidade de Betanzos, é un parque construido inicualmente en 1893 e rematado en 1914 a instancias do benefeitor e emigrante betanceiro en Arxentina, Juan Garcia Naveira. Sobre unha superficie total dunhas 9 hectáreas, combinaba na parte chá do terreo un amplo xardín de recreo, con variada vexetación, estanques e paseos, xunto á zona do Pasatempo propiamente dito, constituído por terrazas sucesivas que ascendían pola aba do monte, con estatuas, relevos e construcións que buscaban reflectir lugares e feitos de todo o mundo, conformando o que se denominou como un auténtico parque enciclopédico ao servizo da ilustracións do pobo de Betanzos e os seus visitantes, e que figuraba nas guías de viaxe da súa época.
A porta da parte baixa estaba custodiada por dous grandes leóns, hoxe desaparecidos como boa parte dos elementos ornamentais desta zona, e comunicaba coa avenida dos Emperadores Romanos, con bustos en mármore, e coa avenida dos Álamos, con estatuas de afamados escritores. Nestes xardíns, cun labirinto vexetal e un invernadoiro, e numerosas fontes, estanques e estatuas, erixíase unha estatua dos propios irmáns, hoxe na praza principal de Betanzos.Na parte alta as estruturas distribuíanse en cinco niveis ós que se chegaba a través de escalinatas e pasos subterráneos imitando grutas prehistóricas, nas que aínda se conservan as figuras de dous dinosauros, e con grandes explanadas e miradoiros á cidade. No nivel inferior construíuse o estanque do Retiro, cunha insua central na que había dúas estatuas imitando figuras romanas, bordeadas por un coidadoso mosaico con motivos de peixes.
Sharon Carmona Andrade 3ºB