16.3.14

María Del Portal Panisse


-Bos días María, grazas por venir, espero que nos poda contestar ás seguintes preguntas.
+Bos días! Un pracer, grazas a vos, e espero saber contestarvos a tódalas preguntas.
-Como consideras a túa infancia?
+A verdade é que nacín nunha época complicada, xa que estaba a piques de comezar a Primeira Guerra Mundial, foron uns anos de emigración masiva cara América, onde as mulleres sobrevivían traballando no peirao carretando baúis e maletas, un recordo escalofriante. 
-E ti, de onde ves sendo?
+Eu crieime nunha das familias máis cultas e liberais da Coruña nesa época.
-Onde estudaches?
+O colexio, estudeino nas Xosefinas, o instituto, no Eusebio da Garda. Ao tempo que estudaba séptimo de bacharelato, e a carreira de perito mercantil, preparaba a reválida e tamén oposicións ao ministerio de gobernación (máis tarde o goberno as suprimiu). Despois, grazas ao meu amigo Luís Díaz comecei a estudar químicas en Santiago. Cando rematei ás químicas empecei na estudar maxisterio e depois casei con Enrique Ríos Suárez, que daquela era socio dunha industria farmacéutica.
-E máis tarde, a que te adicaches?
+Logo meu home e máis eu fomos vivir a Santiago, onde tivo a oportunidade de traballar como axudante ata rematar a carreira de farmacia. Será entón cando abramos a nosa botica.
-E por que fuches famosa?
+Enrique tivo unha grave enfermidade, que levoulle á morte, foi entón, cando eu levei as rendas da botica. fun proclamada como a boticaria da liberdade
-E ti, por que decidiches saltar as regra e verder anticonceptivos na botica?
+Porque eu considero que cada muller é libre de decidir se quere ser nai ou non.
-Paréceme unha decisión moi valente e arriscada pola túa parte, María. Moitas grazas por adicarnos o teu tempo, ata a próxima!
+Grazas a ti, foi un verdadeiro pracer, ata pronto.