Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio que ler. Ler, case tanto coma respirar, é a nosa función esencial. Alberto Manguel
26.5.14
IMOS AO CINE: OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS
Aquí temos unha curtametraxe sobre Xosé M. Díaz Castro. Imos visualizala. Son 19 minutos. Que nos pareceu? Pois agora, como críticos de cine, aportamos as nosas ideas e valoración. Podemos partir das seguintes ideas:
-Resumo do filme. En que momento da vida do protagonista se sitúa a acción?
-Papel que desenvolven os dous protagonistas principais: avó e neto. Explica a importancia de cada un no desenvolvemento da trama.
-A historia desenvólvese mediante a oposición entre un pasado e un presente. Como se percibe?
-As diferentes linguas aportan algo ao filme?
-Valoración global.
"A poesía é como a amizade: non hai que entendela"
Como valoras esta opinión?