9.6.14

CURIOSIDADES SOBRE UCRANIA

O termo ucrania Ten dúas definicións principais: territorio fronteirizo en eslavo ou país en Ucrania. A  capital, Kiev, é ademais a cidade máis grande do país con 2,6 millóns de habitantes. O idioma oficial deste país é o ucraniano, o ruso e outros dos máis habitados.
Ucrania conta co segundo exército máis grande de Europa e ten unha poboación de 46 millóns de habitantes. Na xeografía abundan as planicies fértiles, mesetas e conta con ríos coma o Darre´ts, Demiester e o Bug Meridional.
Este país é un dos de maior consumo, duplicando o de Alemaña. A central nuclear de Zaporizhia é a máis grande de Europa e ubícase en Ucrania.
Algúns dos pratos tradicionais son o maïs, o verenyky, o borsaht, o holubts, ademais do polo Kiev no pastel.
Entre os deportes destacados do país encontramos os boxeadores Vital Kelitschko  e Vladimir Klitschko.

Jeujeny Popovych

26.5.14

O Martes 20 as 16.00 todos os clubs de lectura do instituo fumos ó Ágora a ver unha exposición dedicada a Xose María Díaz Castro, pero... ollo !!! Non foi unha exposición calquera senón  que lemos estrofas do poema "Penélope" e moitos outros que agora non me acordo o nome.

Despois vimos unha obra de teatro na que se explicaba a súa vida de forma moi breve  e, ao final, fixeron coloquio no que calquera podía facer unha pregunta e cha contestaban.

A min gustoume moito... a verdade e parece que ós do instituto tamén lles gustou, as actividades e máis estar con compañeiros e compañeiras de varios institutos como o Agra do Orzán 1, o Monelos, o Urbano Lugris, etc

Aarón Lema, 3ºA

IMOS AO CINE: OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS



Aquí temos unha curtametraxe sobre Xosé M. Díaz Castro. Imos visualizala. Son 19 minutos. Que nos pareceu? Pois agora, como críticos de cine, aportamos as nosas ideas e valoración. Podemos partir das seguintes ideas:

-Resumo do filme. En que momento da vida do protagonista se sitúa a acción?
-Papel que desenvolven os dous protagonistas principais: avó e neto. Explica a importancia de cada un no desenvolvemento da trama.
-A historia desenvólvese mediante a oposición entre un pasado e un presente. Como se percibe?
-As diferentes linguas aportan algo ao filme?
-Valoración global.

"A poesía é como a amizade: non hai que entendela"
Como valoras esta opinión?

23.5.14

A Rosalia

Aló onde che coñecín
Aló onde nos namoramos
nunca cousa máis fermosa vín
que o rozar dos teus labios .

Estas a xogar ao amor
e a darme alegria
nunca quixen con tanto temor
es ti a primeira Rosalia .

Poema para Rosalía

Muller traballadora e loitadora,
fiel aos seus principios
por unha sociedade mellor.

A súa vida foi moi dura
con moitas pedras no seu camiño
para poder publicar os seus libriños.

Igualar os dereitos cos homes,
iso era o que quería
 pero iso non se conseguiu 
ata hoxe en día.

Diego Rodríguez e Boris Alvarado

22.5.14

SEGUINDO A CURROS

Como foi a súa vida?

Como estamos en terceiro, somos capaces de comprender a súa poesía