Esta asociación, que xa ten 43 anos de existencia, naceu no 1963, é unha asociación coruñesa na que se trata de defender a nosa lingua; ao principio só a formaban tres estudantes aos que, cun chamamento en diferentes xornais e na radio se lles uniron unhas vint persoas coas que votaron a asociación a andar.
O Facho ten a peculiaridade de estar agora mesmo inmersa nun proceso de renovación que lle agoira aínda máis anos de existencia. Daquela o galego non se escribía apenas e estaba fóra do sistema escolar, nin sequera había aínda sección de galego na Facultade de Filoloxía de Compostela. Tamén foron dos primeiros en establecer algo que hoxe nos parece tan normal coma os premios para a literatura infantil e xuvenil. Actualmente tentan a valía do galego a nivel internacional
Jessica, Sara, Serxio 3º A