14.6.11

Consultorio

-Bos días son o rapaz do poema "Topáronme medio morto..." e gustaríame pedirvos consello respecto á miña historia.
A miña moza deixoume e non sei que facer para recuperarme desta dor que me percorre por dentro.

-O que terías que facer sería falar con ela e preguntarlle a causa de que te deixara para saber se ten arranxo e se non é así deberías pensar noutras cousas, intentar olvidala... Porque hai moitas flores no xardín e non só debes decantarte por unha por moi fermosa que sexa.

-Ola son a rapaza do poema "Meniña, rapaza nova...", un rapaz ao que non coñezo de nada parece ser que lle gusto e non sei o que facer. Poderíadesme axudar?

-Deberías intentar coñecelo para saber se en realidade vale a pena e se te quere de verdade porque toda persoa merece unha oportunidade nesta vida para poder ser feliz e compartir os dous a vosa felicidade.