A noite pasada unha nena estivo chorando no xardín, debido aos desdéns dun ingrato galán. Alegou: "Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben". Estas palabras deixáronos atónitos e moi conmovidos. Máis lonxe no mar sobre a popa dun barco atopámonos co xoven amado, camiño a Ámerica. Os seus pensamentos xiraban en torno a ser a anduriña que por alí pasaba para volver a terra xunto á nena. Dende aquela non hai máis que tristura por este amor. Unha desgraza que esperemos que dentro de pouco chegue ao seu fin.