22.6.11

O MEU LIBRO FINAL

Bos dias nenos e nenas. Hoxe  vouvos contar a miña última experiencia do curso ao ler o meu último libro.
Chámase Pel de lobo e é un dos libros mais bonitos que lin ata  agora; nel concéntrase a natureza; fauna e flora, amizade, respeto, impaciencia... de todo un pouco ....
Este libro foi escrito no ano 2002 polo autor Xosé Miranda
e diredes ,si, si ,moito fala do autor pero  non me conta nada do libro, pero... ben, xa vos conto.
Neste libro nárrase unha historia sobre un tipo que se chama Fulxencio Nóvoa e o seu fillo, eles  tiñan sona de bos tiradores, asi que foron ao bosque e atoparonse con un lobo e ... o resto terédelo que averiguar vós porque eu case xa non me acordo, xa que o lin hai un mes.  Non o leades se non queredes pero eu vos recomendo que o fagades porque é un libro que merece a pena.

BÓ VERÁN A TODOS E A TODAS.