11.10.11

Cartas de Amor ; Carta Nº1 ; Ilegal .

Hoxe , na clase de Galego , estivemos falando sobre o libro '' Cartas de Amor '' do autor Fran Alonso.
O país de onde procede a protagonista da primeira carta é do Senegal.
Atopase na África Occidental , límitase ao norte pola Mauritania,ao leste por Malí , no sur por Guinea e Guinea Bissau e a oeste polo Océano Atlántico.
Este país e coñecido polas carreiras do Dakar que leva o nome da capital do Senegal .
É un país bastante pobre , xa que os recursos naturais son moi baixos e dependen do turismo e sobre todo a pesca .
O sector agrario e moi baixo , xa que a súa terra non é moi fértil .
A esperanza de vida,non supera aos 56 anos , comparada con outros países e moi baixa , a media  dunha muller tendo fillos e de 1 a 5 nenos .
A vida e moi difícil nese país , os nenos teñen problemas de saúde e algúns poden chegar a morrer , outros nenos non van a escola ou só acuden ata os 12 - 13 anos e logo poñense a traballar .
Aínda utilizanse os medios de transporte antiguo .
A xente que emigran para outros países busca diñeiro para darlle ás súas familias e unha calidade de vida mellor que esa , xa que as condicións de vida son case pésimas .










Ana María , 3ºB .