
Todo comeza cando Carlota, unha rapaza de 1º de Bacharelato que vive co seu irmán Marcos e a súa nai, comeza a escribir un diario vermello, sobre sexo, no que apunta todas as súas experiencias propias, información que Octavia e as súas amigas lle achegan e todo o que pode recoller pola súa conta.
Carlota, o mesmo día que compra o caderno vermello para escribir este diario coñece a Flanagan, o que tamén decide facer un diario vermello ó mesmo tempo cá ela. Do que tamén hai outro libro que complementa a este "O diario vermello de Flanagan", que volve contar toda a mesma historia dende un punto de vista masculino. Mentres, Carlota está en contacto con Flanagan grazas ó diario, e neste tempo aprende moitas cousas sobre sexo e tamén sobre ela mesma. Tamén, grazas ao contacto que ten con Flanagan namórase del e tras varias dores de cabeza e algo de tempo consegue olvidar a Koert, un ex mozo holandés co que estivera.
A min, persoalmente, gustoume moito este libro. En concreto, o capítulo que máis me gutou foi "Algunhas solucións chegan soas". Tamén aprendín moitas cousas léndoo, por exemplo, o que máis me chamou a atención foi que houbese tantos tabús e faladurías respecto ó sexo.
Aconséllovolo a todos e espero que se o ledes vos guste tanto coma a min e que desfrutedes moito léndoo.
Noemi Iglesias 3ºA